Uns 34 equipos de futbol base competirán no Torneo de Lousame

    LOUSAME> A cita será no campo de fútbol de Cabanetán, en Lesende, esta próxima fin de semana, o domingo 30 de abril e o luns 1 de maio. 34 equipos de distintas comarcas, entre elas Barbanza, Costa da Morte ou Santiago, e un conxunto de León, daranse cita esta próxima fin de semana en Lousame para a disputa da quinta edición do Torneo de Fútbol base para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Dende o Concello, a edil de Deportes, María Reguenjo, destacou a importancia deste torneo e o que a súa organización supón para o municipio, xa que durante a fin de semana serán numerosas as persoas que se acheguen ata a localidade. Segundo ela este torneo abre ademais un mes moi deportivo en Lousame. Dende a organización do torneo quixeron agradecer tamén a colaboración prestada por numerosas casas comerciais, non só do Concello, senón tamén doutros municipios veciños, que coa súa axuda permiten que o campionato poida desenvolverse.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí