Espectacular operación policial contra o branqueo de capitais

    detidos_branqueo_100_041109.jpgCAMBADOS> Unha decena de persoas detidas, cartos, droga, documentación e armamento é o resultado da redada en varios inmobles do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/041109_detidos_blanqueo_NOITE.flv{/flowplayer}

    Desde primeira hora da mañá, os arousáns detidos pasaban a prestar declaración ante o titular do Xulgado de Instrución número dous de Cambados, Juan Carlos Carballal. Están acusados de pertencer supostamente a unha rede de branqueo de capitais procedentes, ó parecer, do tráfico de drogas. Entre os arrestados estaría o presunto líder da banda, José Lafuente, un coñecido veciño de Ribadumia que xa tivo algunha que outra conta coa Xustiza. A primeira hora da mañá de onte, máis de trinta axentes da Garda Civil, entre eles mandos da Unidade Contra o Crime Organizado, irrompían no seu domicilio de Sisán armados con rifles de asalto para proceder ó rexistro do inmoble. Xunto a pequenas cantidades de droga, os gardas localizaron importante documentación, cartos e armamento de diverso tipo, todo nun zulo que Lafuente posuía na vivenda. Xunto a Lafuente caeron outras sete persoas vinculadas ó clan de “Os Madereiros”, ademais de varios familiares seus, entre eles a súa dona.

    Estas detencións prodúcense como resultado de tres anos de investigación. Foi en outubro do 2006 cando botaba a andar o operativo despois de que se detectasen movementos sosopeitosos de grandes cantidades de diñeiros cara catro paraísos fiscais de Europa e América. Neles, os detidos posúen contas abertas a través das que branquearían, supostamente, cartos procedentes do narcotráfico.

    Cabe apuntar que hai só uns meses que José Lafuente saíra do cárcere. Foi condenado por secuestrar en marzo do 2001 a un mozo de Meis; e no seu curriculum tamén conta con outra detención no marco da Operación Temple. Entón, as autoridades conseguiron intervir ó clan de “Os Madereiros” once toneladas de cocaína, o maior alixo de droga incautado en Europa.

    A investigación permanece aberta, e non se descartan novas detencións.

    Redacción Salnés