Animación e música encherán Boiro a última fin de semana de agosto para despedir o verán

BOIRO> O concello de Boiro e a ABE despedirán o verán cunha festa de liquidación de stock que porá o punto e final á campaña de rebaixas. Desenvolverase a última fin de semana de agosto e, ademais dos descontos que ofrecen os comercios asociados, haberá actividades de animación cultural.

O fin do verán e da campaña de rebaixas son motivos máis que suficientes para celebrar unha festa como a que organizarán o concello de Boiro e a ABE os días 25 e 26 de agosto.Ós descontos que ofrecen os comercios asociados engádense os agasallos que repartirán entre os seus clientes como as bolsas de algodón os o sorteo dun carro da compra e 50 euros en bonos ABE.

Ademais da zona de atraccións habilitada na praza de Galicia, Haberá tamén espectáculos infantís e animación de rúa e o sábado desenvolveranse diversas actuacións musicais e unha degustación gastronómica.

O sábado pola noite clausurarase a festa cun concerto Tributo a Maná e un espectáculo pirotécnico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí