A Deputación incrementa ata os 2 millóns de euros as axudas do PEL-Autónomos

BARBANZA> A Deputación da Coruña destina 2 millóns de euros ó programa PEL-Autónomos. O ente provincial duplicou o orzamento alcanzando a preto de 900 autónomos que percibirán axudas de entre 1200 e 2400 euros.

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar a concesión das axudas da liña PEL-Autónomos do Plan de Emprego Local impulsado pola Deputación da Coruña. O ente provincial puxo en marcha este programa para axudas ós autónomos a sufragar parte das cotas da Seguridade Social naqueles meses do ano 2022 nos que non perciban outras axudas ou bonificacións.

Nesta edición, o programa duplicou o orzamento superando os 2 millóns de euros. Serán un total de 878 traballadores os que perciban axudas de entre 1200 e 2400 euros para axudarlles no pago das cotas.

A liña de axudas estaba dotada inicialmente cun millón de euros e tivo que ser suplementada para atender a tódolos solicitantes que cumprían cos requisitos establecidos nas bases reguladores como ter o seu domicilio fiscal en concellos de menos de 20 mil habitantes ou contar con 5 anos de antigüidade na actividade empresarial.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí