O BNG denunciará no Parlamento as deficiencias no hospital comarcal

    bnghospitalbarbanza_100_05112009.jpgRIBEIRA> A deputada Ana Pontón e integrantes do BNG da comarca mantiveron unha xuntanza co comité de empresa do centro hospitalario.

    A deputada do BNG no Parlamento, Ana Pontón e membros das agrupación locais desta formación na Barbanza mantiveron esta tarde unha xuntanza con integrantes do comité de empresa do hospital comarcal co obxectivo de escoitar as súas reinvidicacións en material laboral. Entre outras cuestións abordaron a decisión da Consellería de Sanidade de non cumprir co acordo retributivo establecido e escaseza de persoal no centro hospitalario.

    {flowplayer}barbanza/bnghospitalbarbanza.flv{/flowplayer}

    Tras o cambio do modelo de xestión o pasado ano, no que o Hospital da Barbanza deixou de ser unha Fundación para pasar a formar parte da rede do Servizo Galego de Saúde, a adaptación, creen dende o comité de empresa non se está a realizar do xeito máis adecuado. Aseguran que continúan existindo diferencias significativas en relación con outros centros públicos, sobre todo en dotación de persoal e equipamento.

    Deterioro servizo

    Outra das reinividicación é a incorporación de celadores ao centro, unha carencia que ainda non se subsanou tras a incorporación do centro hospitario ao Sergas. Dende o comité de empresa, advirten que a calidade na prestación do servizo asistencial aos doentes non pode dependen dun constante esforzo individual do cadro de persoal.

    Os nacionalistas ven con inquietude a privatización por parte do goberno autonómico das infraestruturas públicas, xa que consideran que repercute directamente no deterioro da calidade dos servizos que se lle ofrecen aos cidadáns.

    Por tal motivo, trasladarán ao Parlamento galego todas estas reinvidicacións, así como a súa preocupación de cómo está a evolucionar o sistema sanitario en Galicia.

    Redacción Barbanza