Xosé Eiras: ‘Nunca máis sairei a pescar’

    supervivinterianxo_100_051109.jpgRIANXO> Unha semana despois da traxedia en Aguiño na que perderon a vida dous pescadores de Rianxo, Xosé Eiras, o único supervivinte do naufraxio recibiu a un equipo de Canal Rías Baixas.

    {flowplayer}barbanza/supervivinterianxo.flv{/flowplayer}

    Xa na súa casa, Xosé trata de recuperarse de hipotermia e da pneumonía que lle diagnosticaron a consecuencia do naufraxio. Máis difícil será segundo el a cura da ferida que leva no corazón, a perda dos seus dous compañeiros.

    Traxedia

    Visiblemente emocionado cando trata de lembrar todo o acontecido naquel martes negro, xa parte da súa historia, recorda a súa saída ó mar, nun día aparentemente normal, coma tantos outros.. Cando regresaban xa a terra, unha gran onda fixo emborca-la embarcación. Os tres quedaron agarrados á lancha a espera de seren rescatados.

    Xosé nega que foran confiados e menos arriscados á hora de saír ó mar ese día, tal e como estaban as condicións metereolóxicas

    Agradecementos

    Durante este tempo, Xosé recibiu xa numerosas mostras de cariño, da súa familia, dos seus amigos e tamén doutra xente, á que lle quere agradecer todo o seu apoio nestes momentos para el tan difíciles. Tamén ten palabras de gratitude para os membros dos servizos de emerxencia que participaron no seu rescate e para o persoal do Complexo Hospitalario de Santiago, por tratalo dun xeito especial.

    Preguntado por se sairá algunha vez máis a pescar, resposta cun rotundo…non.

    Redacción Barbanza