O xuíz de Cambados ordena o bloqueo das contas de José Lafuente

    branqueo100.jpgCAMBADOS> O xuíz titular do Xulgado número 2 de Cambados Juan Carlos Carballal ditou un auto instando ás autoridades xudiciais …

    … das Illas Bahamas, Suíza, Arxentina e Portugal a que bloqueen as contas bancarias de José Lafuente, considerado cabecilla dunha rede de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico. Trata así de evitar que os achegados dos detidos poidan retirar os cartos, calcúlase que uns 10 millóns de euros.

    O xuíz continuou hoxe cos interrogatorios ós detidos. Polo de agora deixou en liberdade a dúas mulleres, ás que lles imputa un delito de branqueo de capitais e prorrogou a detención da muller de Lafuente, María Dolores Torres, e de tres homes que declararon onte pola tarde.

    Hoxe pola mañá interrogou a outros dous e pola tarde pasou o cabecilla, José Lafuente, foi levado onte a unha vivenda en Zamora onde se sospeitaba que podería agochar droga. Esta tarde pasou a disposición xudicial, e a súa muller espérase que sexa interrogada mañá. O xuíz mantén o segredo de sumario sobre este caso.

    Redacción Salnés