Sorpresa na rúa pola renuncia de Isaac Maceiras

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/02/reaccionsabandonoisaac0210141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/02/reaccionsabandonoisaac021014.mp4{/flowplayer} POBRA> A maioría dos veciños respectan a súa decisión de renunciar a ser cabeza de lista do PP nas vindeira seleccións municipais, destacando os 16 anos que estivo á fronte da alcaldía pobrense. Opinión diferente á da rúa, nos dous principais grupos da oposición neste concello: BNG e Partido Socialista. Os dous coinciden ó sinalar que a marcha de Maceiras débese ás ultimas novidades aparecidas en distintos medios de comunicación que o relacionan coa ‘Operación Pokemon’. Os dous grupos coinciden tamén á hora de valorar os 16 anos de Isaac Maceiras, á fronte da alcaldía. Segundo eles a súa marcha suporá o fin ás políticas de fracaso do Partido Popular neste concello. PSOE e BNG tamén coinciden sobre o futuro candidato do PP ás próximas eleccións municipais, segundo eles calquera modificación na cabeceira da lista electoral non traerá consigo os cambios que necesita este concello.