Este venres arranca a terceira edición da campaña de bonos AmaRibeira

RIBEIRA> Este venres 15 de decembro arranca a terceira edición da campaña dos bonos AmaRibeira, de cara a fomentar o consumo responsable e local durante estas datas de Nadal, axudando así á promoción e dinamización do comercio e da hostalería.

O Concello destina a esta campaña un orzamento duns cen mil euros . Distribuiranse mais de tres mil bonos cun valor individual de trinta euros.

Os bonos poderán descargarse xa a partir deste venres a través da propia web amaribeira.gal.

Dende a patronal local destacaron a importancia desta iniciativa que pon en marcha o Concello que busca incentivar as compras e o consumo no comercio e na hostalería local.

Poderán adherirse a esta campaña tódolos establecementos comerciais e de hostalería da localidade que así o desexen, inscribindose nela a través da páxina web AmaRibeira.gal.

A iniciativa estará aberta ata o vindeiro 31 de xaneiro ou ata que se esgote o saldo.