O macropolígono do Barbanza podería licitarse no 2010

    macropoligonomoldes_100_061109.jpgBARBANZA> Así o confirmou o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo ós alcaldes de Ribeira e da Pobra que mantiveron con el unha xuntanza en Santiago, á que tamén asistiu o deputado popular Manuel Ruíz.

    {flowplayer}barbanza/macropoligonomoldes.flv{/flowplayer}

    A mensaxe do director do IGVS resultou do máis tranquilizadora para os alcaldes de Ribeira e da Pobra do Caramiñal que puideron constatar que os trámites para a creación do macropolígono de Moldes seguen adiante. Tralo cambio de goberno, a situación do futuro parque semellaba nun estado de paralización que, segundo o responsable autonómico non foi tal. Os trámites administrativos seguen avanzando a pesar de que a herdanza do bipartito non foi moi positiva xa que apenas se tiñan dado pasoa na súa tramitación como asegurou o propio Manuel Ruíz.

    Informe de impacto ambiental

    Na actualidade, o goberno autonómico traballa na elaboración do informe de impacto ambiental. Unha vez emitido poderá iniciarse o proceso de expropiacións. Para continuar adiante con tódolos trámites, habilitarase unha partida de dous millóns de euros con cargo ós fondos europeos Feder. Aínda así egundo sinalou o propio deputado popular a súa viabilidade vai depender en boa medida da demanda existente.

    Vivendas Xarás

    Durante o transcurso da xuntanza, Manuel Ruíz tamén se intereseou pola situación das vivendas sociais de Xarás, que xa están practicamente rematadas polo que os adxudicatarios poderán entrar a vivir de xeito inminente.

    Redacción Barbanza