Os familiares do ‘Alakrana’ esixen a liberación dos dous piratas detidos

    secuestroalakrana_100_061109.jpgBARBANZA> Ademais culpan ó goberno de Rodríguez Zapatero de falla total de información.

    {flowplayer}barbanza/secuestroalakrana.flv{/flowplayer}

    Xiro dramático no secuestro do Alakrana tras coñecerse onte que tres tripulantes foron trasladados a terra. Entre eles atópase Antonio Manuel Pérez, veciño de Boiro, electricista do atuneiro. Os piratas ameazan con matalos se o goberno central no libera aos dous somalies retidos en Madrid. Así o asegurou a súa dona, Mónica Yáñez logo de que recibise confirmación oficial por parte da Secretaría Xeral do Mar. A familia deste tripulante boirés atópase superada pola tensión da longa espera e deste cambio de rumbo nos acontecementos. Hai dúas semanas, durante a concentración que tivo lugar no concello de Ribeira para esixir a liberación dos tripulantes, a nai de Antonio Pérez xa mostraba a súa desesperación pola incertidume e a angustia na que viven os familiares dos retidos.

    Durante todo o día de hoxe, os familiares esixiron a inmediata liberación dos dous piratas e o seu retorno a Somalia para garantir deste xeito a seguridade dos tripulantes do Alakrana. Sen embargo, a decisión non depende do goberno senón da Audiencia Nacional polo que non semella doado que os dous somalíes queden en liberdade. O Ministerio de Defensa xa manifestou que a situación dos detidos está en mans da xustiza e non é negociable. Insisten ademais en que os tripulantes trasladados a terra están localizados e en perfecto estado de saude. Dende o departamento de defensa apelan á firmeza e á prudencia e non descartan unha intervención militar no buque. Tamén dende o concello de Boiro están a realizar as xestións oportunas para que haxa avances que poñan fin ó secuestro.

    Redacción Barbanza