Aprazan a declaración do ‘Chicle’ pola presunta agresión a súa cuñada

NOIA>  A declaración estaba previsto que fora hoxe, a través de videoconferencia dende a prisión onde segue cumprindo condena polo asasinato de Diana Quer.

O xulgado de Instrución Número 2 de Noia decidiu aprazar para mañá martes a declaración de José Enrique Abuín Gey, o ‘Chicle’, pola presunta agresión sexual a súa cuñada en xaneiro de 2005. Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o fiscal xa tiña para hoxe outro sinalamento.

A súa conparecencia será a través de videoconferencia dende o centro penitenciario de Mansilla de las Mulas, en León, onde o ‘Chicle’ segue a  cumprir condena de prisión permanente revisable polo asasinato de Diana Quer.

O xulgado de Instrución Número 2 de Noia decretou o procesamento do ‘Chicle’ ó entender que das dilixencias de instrución practicadas desprendíanse indicios suficientes de que o investigado realizou actos atentatorios contra a liberdade sexual da denunciante, neste caso a súa cuñada, que daquela aínda era menor de idade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí