Portos construirá un novo edificio portuario en Ribeira

    edificioportuarioribeira_100_09112009.jpgRIBEIRA> Así o confirmou o voceiro popular Manuel Ruíz, despois de manter unha xuntanza co presidente do ente autonómico, Xosé Manuel Álvarez-Campana.

    Segundo informou o propio Manuel Ruiz o o novo edificio de servizos portuarios de Ribeira constitúe hoxe en día unha necesidade, tanto para facilitar os labores que se realizan no porto como para adecuar as súas instalacións á súa importancia, ó se-lo primeiro porto de baixura da Unión Europea.

    {flowplayer}barbanza/edificioportuarioribeira.flv{/flowplayer}

    Para a súa construcción será necesario a demolición do actual módulo da Oficina de Servizos Portuarios, así como a doutros dous departamentos de armadores, tal e como consta no proxecto. O novo edificio, que disporá dunha superficie útil de arredor de 400 metros cadrados, incluirá oficinas de servizos portuarios para os gardas do peirao, sala de xuntas, sala polivalente, un arquivo, varios almacéns e un garaxe.

    Nova lonxa

    Así mesmo, prevese a ampliación dos almacéns para a garda e mantemento de enseres e artes de pesca. O deseño pretende prestar servicio ás actividades dos gardas do peirao pesqueiro, respectando as condicións de integración co resto das instalacións existentes e previstas na explanada portuaria. 

    Manuel Ruíz tamén se referiu ó proxecto de construción da nova lonxa que se atopa actualmente no proceso de redacción de proxectos. Xa hai destinados nos presupostos do ano que vén unha partida de cincocentos mil euros para poder sacar a obra a licitación aínda que o groso do investimento farase efectivo no 2011.

    Redacción Barbanza