O Nacional Absoluto, novo obxectivo de Raúl Bouzas

taekwondo250_101109.jpgVILAGARCÍA> O taekwondo cpontinúa a ser protagonista da actualidade por ese título europeo sub-21 acadado o domingo polo vilagarcián Raúl Bouzas. Con el estivemos onte. Contounos en primeira persoa a emoción vivida trala victoria e xa se atreveu a marcar novos retos.

{flowplayer}images/salnes/taekwondo_101109.flv{/flowplayer} 

Por méritos propios e en menos dun ano Raúl Bouzas xa se fixo un oco dentro da aristocracia deportiva vilagarcián. O campionato europeo acadado o domingo en Vigo non veu máis que a corroborar a excelente temporada que asinou cos títulos de subcampIón nacional absoluto e campión de España sub-21.

O triunfo nas Travesas non deixou de ser sorprendente pese a que el avisara días antes que acudía á competición co único obxectivo de traerse o ouro.

Pero o camiño non foi nada sinxelo. Ademais dunha final axustada ante o holandés Joel Remak, tivo que afrontar outros dous combates moi complicados en primeira rolda e nas semifinais. Soubo sacalos adiante remontando situacións adversas e demostrando unha frialdade e madurez imporopias dos seus 20 anos.

O que lle queda agora é descansar e desfrutalo cos seus. Este venres viaxará ata A Coruña onde o doctor Arriaza examinará a evolución da súa lesión de ligamento cruzado. Se todo vai correctamente podería ser sometido a unha artoscropia para quitarlle as grapas que ten no xeonllo e que o manterían parado tan só dez días. Unha vez recuperado pensará nos seguintes obxectivos: o campionato nacional absoluto e xa para máis adelante o campionato do mundo, que o prefire a vencer nos Xogos Olímpicos.

Tralo recibimento que os seus compañeiros do Club Olimpic de Vilagarcía lle brindaron onte agárdase que nos vindeiros días continúen as homenaxes para este taekwondista que promete dar moitas alegrías ó deporte vilagarcián.

Redacción Salnés