O Xuven, arrollado polo Oviedo. O Extrugasa xa é segundo

baloncesto250_091109.jpgSALNÉS> Na Liga EBA o Establecimientos Otero non puido dar a sorpresa e caeu amplamente derrotado ante o Feve Oviedo. Sí que gañou na LF2 o Extrugasa ó ADBA de Avilés. As vilagarciáns son xa segunda na xeral.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_091109.flv{/flowplayer} 

Quinta victoria consecutiva para un Extrugasa que semella imparable. As vilagarciáns aguantan o ritmo de cabeza e xa son segundas, tan só superadas polo mellor basketaverage do Badajoz.

As de Tito Díaz cimentaron a súa victoria en Avilés nun gran primeiro cuarto no que se foron ata os 34 puntos. Dezaoito arriba en dez minutos de gran baloncesto, moi fluido e con extraordinario acerto no lanzamento.

Sobre esa vantaxe traballaron durante o resto do partido. Non lles fixo falta gañar ningún cuarto máis aínda que a reacción das locais nos derradeiros minutos puido facer perigar a victoria, de feito achegáronse ata os cinco puntos. Pero as vilagarciáns aguantaron o chaparrón. Ó final 71-78, cunha gran actuación de Ylenia Manzanares que se foi ata os 24 puntos, ben secundada no xogo interior por Saray Ruiz, que aportou 21. A semana que ven recibirán en Fontecarmoa ó Aros, co que non deberían pasar excesivos apuros.

No baloncesto masculino, en Liga EBA, o Pombal víu pasar un auténtico equipazo como o Feve Oviedo que sin piedade gañou por 39 puntos de diferencia (75-114). O recital ofensivo dos astuarianos foi total e pese a que o Xuven aguantou ata o descanso, a segunda metade foi un auténtico martirio.

O partido rachouse cando o ovetense Adrián Macía púxose as pilas dende o 6,25. Fixo 6/6 na primeira metade disparando a vantaxe do seu equipo de xeito definitiivo. No Xuven destacou o gran traballo de Juan Mato que anotou 24 puntos. Os de Diego Doval continúan quintos e visitarán a semana que ven ó Basket Xiria, terceiro pola cola.

Redacción Salnés