NOIA> Un total de 37 equipos da base procedentes de distintas localidades galegas disputarán mañá venres este torneo, que terá un carácter solidario, xa que o recadado irá a parar á Cruz Vermella Local.
Deporte e solidariedade volven ir da man en Noia. Esta vez grazas á iniciativa do Noia Portus Apostoli a través do seu Torneo de Nadal. A actividade que se desenvolverá nos polideportivos Agustín Mourís, Alonso Rodríguez e a Barquiña, reunirá a un total de 37 equipos de categorías dende biberóns ata xuvenís chegados dende diferentes localidades galegas. Como vén sendo habitual o torneo ten unha dobre finalidade, por unha banda fomentar o deporte de base e por outra recadar o máximo de fondos posible coa venda de rifas para o sorteo de diferentes agasallos doados por comercios da vila que serán destinados á Cruz Vermella Local
Un xesto este, o solidario, que agradecen dende Cruz Vermella.
Na iniciativa colaboran diversas entidades, entre as que se atopa o propio Concello.
Dende a organización destacan tamén a importancia do torneo de cara a promoción hostaleira e turística da vila, xa que se prevé unha afluencia dunhas mil cincocentas persoas a este torneo.