O novo Plan de Vivenda a debate

    BARBANZA > A Directora Xeral de Fomento e Calidade de Vivenda, Encarna Otero, impartiu a última hora da tarde do martes en Ribeira unha charla informativa sobre os últimos cambios normativos en materia de edificación e urbanismo. Ó evento, organizado polo Centro Empresarial da Construción, asistiron tamén o presidente desta entidade, Jesús Lojo, o delegado provincial da Consellería de Vivenda, Xoán Carlos Bascuas e varios representantes do colectivo empresarial da zona.

    charlacecb_200_280606.jpgO contido da charla centrouse fundamentalmente nas respercusións que teñen no Barbanza os cambios introducidos polo Plan de Vivenda 2005-2008 así como o Código Técnico de Edificación e a nova Lei do Solo. Neste sentido, abordáronse temas como a construción de vivenda protexida, as medidas para loitar contra o feísmo urbanístico en Galicia ou o papel dos concellos no sector da construción.

    O novo plan de Vivenda, vixente ata o 2008, destaca que a calificación de vivenda de protección oficial non se estenderá á vida útil dos inmobles senón a un periodo mínimo de trinta anos, sendo as comunidades autónomas as que teñen a potestade de decidir se se amplía ese prazo. Esta medida, unida á existencia dun periodo de transición sobre o rexistro de compra e venda de vivendas protexidas, pretende eliminar o frade e conseguir un parque protexido de vivendas para os cidadáns.Encarna Otero referiuse tamén ó Código Técnico de Edificación recentemente aprobado que ten, entre as súas principais finalidades, a de reduci-lo risco de posibles accidentes nos edificios. Así mesmo, pretende diminuí-las patoloxías estruturais ocasionadas por un mal deseño ou un mal mantemento das zonas comúns como muros, fachadas, patios interiores ou cubertas.

    Por outra banda, os representantes da consellería de Vivenda explicaron que o novo marco normativo impulsa o uso racional da enerxía reducindo o consumo enerxético e utilizando fontes de enerxía renovables obrigando a incorporar partir de 2007 criterios de ficiencia enerxética e o uso de enerxía solar, térmica ou fotovoltaica nos novos edificios.

    Redacción Barbanza