NOIA> Noia acollerá o 21 de maio o segundo Trofeo Show Portus Apostoli de Patinaxe. Participarán preto de douscentos patinadores procedentes de España e Portugal.
Ó redor de 200 patinadores daranse cita en Noia o domingo 21 de maio para participar na segunda edición do Trofeo Portus Apostoli.
Na competición participarán cuartetos e grupos non só de Galicia senón tamén procedentes doutros comunidades e mesmo de Portugal.
Os interesados en participar poden inscribirse ata o 10 de maio a través do enderezo clubpatinnoia@gmail.com.