Fronte común do PP do Barbanza en apoio ó alcalde do Son

comiteppcomarcal_100_10112009.jpgPORTO DO SON> Os populares barbanzáns pecharon filas en torno ó alcalde de trala presentación dunha moción de censura por parte de PSOE e BNG.

{flowplayer}barbanza/comiteppcomarcal.flv{/flowplayer}

A plana maior do PP da comarca, co presidente provincial á cabeza, douse cita no centro de interpretación de Baroña, en Porto do Son. Aínda que a xuntanza plantexábase como un encontro de traballo, a moción de censura que veñen de presentar PSOE e BNG en contra do alcalde do Son centrou a xornada.

Os populares expresaron a súa indignación ante esta moción de censura que cualifican de ‘inoportuna’ e consideran que responde a intereses partidistas.

 Manuel Tomé acusou ó ex – rexedor local, Ramón Quintáns, de estar detrás deste pacto co obxectivo único de desestabilizar un proxecto de goberno que comezaba a dar os seus froitos.

Doble moral

A este respecto, o presidente provincial, Carlos Negreira, criticou a doble moral dos socialistas que rexeitan as mocións de censura cando non lles favorecen e, en casos, como o de Porto do Son, as promoven co beneplácito da dirección nacional.

Tamén tivo palabras contra ós nacionalistas que, dixo, deberán explicar á cidadanía porque formarán goberno con Ramón Quintáns a pesar de terse comprometido a non facelo.

Dende o Partido Popular consideran que esta moción de censura só traerá consigo unha volta ó pasado cando a especulación urbanísitca era unha constante en Porto do Son.

Ante feitos coma este os populares volven reivindicar a necesidade de que goberne a forza máis votada xa que, a través deste tipo de pactos nin sequera está claro o programa do pacto de goberno. Consecuencias que en definitiva pagan os máis prexudicados, os cidadáns.

Redacción Barbanza