‘Sábado negro’ para incentivar as compras

sabadonegronoiahistorica.jpgNOIA> Noia Histórica desenvolverá este sábado esta iniciativa pioneira na comarca, durante a cal as tendas aplicarán descontos de ata un 20%.

{flowplayer}barbanza/sabadonegronoiahistorica.flv{/flowplayer}

A iniciativa, pioneira na comarca, vén importada dos Estados Unidos, o denominado “venres negro” (black friday) que inaugura a tempada de compras de Nadal con significativas rebaixas. A patronal noiesa decidiu desenvolver esta proposta, que foi recollida con agrado pola maioría dos seus socios, de cara a mellorar as vendas, nun ano difícil para eles, debido á actual situación de crise económica.

Descontos de ata un 20%

Durante a xornada do sábado, a practica totalidade dos comercios noieses, ó redor duns 60, abrirán as súas portas ata as dez da noite, ofrecendo importantes descontos ó consumidor de ata un 20%.

Na xornada haberá tamén outras sorpresas como animación de rúa, de cara a facer máis atractiva a oferta comercial. Dende Noia Histórica agardan a que a iniciativa teña éxito, co fin de poder desenvolvela en anos vindeiros.

Redacción Barbanza