![]()
VILAGARCÍA> A primeira fase das obras de ampliación do peirao Comercial de Vilagarcía rematou esta tarde coa botadura do último dos caixóns …
{flowplayer}images/salnes/ampliacion_peirao_comercial.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> A primeira fase das obras de ampliación do peirao Comercial de Vilagarcía rematou esta tarde coa botadura do último dos caixóns de formigón que se empregarán na construción do novo peirao. As encargadas de botar este último bloque foron as cinco integrantes da tripulación feminina de bateis do Club de Remo Vilaxoán. Miriam, Elsa, Yaiza, Noemí e Ángela tiveron así o recoñecemento da Autoridade Portuaria polo campionato de España acadado en 2008.
O caixón que se botou esta tarde en Ferrazo é o último dos 15 construídos para executar a ampliación do peirao comercial. Estes caixóns foron fabricados polo dique flotante “Mar del Teide”, amarrado en Ferrazo, e logo desprazados ata o seu lugar definitivo, onde se fondean. Aquí é onde se enchen con material granular. Con esta ampliación conseguirase no peirao Comercial unha lonxitude total de atraque duns 500 m, cun calado de 13m. Isto permitirá adaptar este peirao ás necesidades do tráfico de graneis sólidos e mercancía xeral, ós que se dedicará de maneira preferente.
As obras foron adxudicadas á UTE formada por FCC e COVSA, cun orzamento de 12 millóns de euros, financiados nun 80% con fondos de cohesión da Unión Europea.
Redacción Salnés









