49 adegas da DO Rías Baixas participan na Cata Viños de Galicia

    fradescopy.jpgMEIS> O técnico da Xunta visitou esta mañá a adega Mar de Frades para recollelas mostras do caldo co que van participar.

    {flowplayer}images/salnes/CATAS_MAR_DE_FRADES.flv{/flowplayer}

    Ó longo desta semana os técnicos da Xunta están a traballar na procura das mostras dos viños daquelas adegas que participarán este ano na Cata Viños de Galicia. Esta mañá foi a quenda da adega Mar de Frades, situada en Meis. Nos participamos neste proceso que se repetirá nas máis de cento corenta adegas que participan este ano na Cata.

    Nesta ocasión Mar de Frades participará co seu albariño Mar de Frades da anada do 2010 e co augardente elaborado con oruxo de albariño. Os requisitos para participar nesta Cata Viños de Galicia é dispoñer de cinco mil litros de viño en adega, dos cales mil teñen que estar embotellados. Isto para o caso das adegas denominadas industriais coma esta. Naquelas de menor tamaño, as cantidades redúcense á metade.

    Mar de Frades competirá con outras corenta e oito adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas. Ademais, tamén participarán caldos da DO Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei. Un total de douscentos vinte e un viños, cifras similares ás da edición pasada.

    Debido á calidade que acompaña á anada do 2010, a técnico de Mar de Frades, Paula Fandiño, recoñeceu que vai a ser unha cata difícil debido ó alto nivel que se vai rexistrar.

    No caso das augardentes participarán dezaseis adegas e dezaoito marcas. As catas está previsto comecen o venres da próxima semana de xeito que esa fin de semana se celebre a cata final.

    Redacción Salnés