III Torneo de Baile Deportivo en Ribadumia

    RIBADUMIA> O vindeiro 20 de marzo, o Pabillón Municipal de Ribadumia  acollerá o III Torneo de Baile Deportivo. Unha proba de ámbito nacional, recoñecido pola Federación Española de Baile Deportivo, e puntuable para o ránking de esta federación. 

     

    Este venres presentouse no concello de Ribadumia o III Torneo de Baile Deportivo, organizado polo clube BTROULA coa colaboración de o concello de Ribadumia. 

    Unha actividade que se celebrará o vindeiro 20 de marzo dende as dez da mañá, en horario continúo ata as nove e media da noite. 

    Breogán Pérez, presidente do clube BTROULA explicou que haberá tres probas.

    Ribadumia convertirase por un día na capital do baile deportivo. Unha actividade na que sobre unhas trinta, das cen parellas participantes pertencerán a comarca de O Salnés. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/11/presentacion_btroula_ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/11/presentacion_btroula.ribadumia.mp4{/flowplayer}