Os peritos din que Cristian estaba en estado de ‘embriaguez manifesta’

    xuizo_cristian_willisch100.jpgPONTEVEDRA> Cristian Willisch atopábase en estado de ‘embriaguez manifesta’ cando Antonio Pouso o apuñalou, segundo indicaron hoxe os peritos.

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_cristian_willisch.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Esta mañá celebrouse en Pontevedra a última fase do xuízo polo asasinato de Cristian Willisch, antes de que o xurado se retire a deliberar o veredicto. De novo foi precisa unha forte presenza policial para evitar os enfrontamentos dos achegados da vítima á entrada e saída do autor confeso do crime.

    Na xornada de hoxe falaron os peritos. Segundo os seus informes, Cristian Willisch atopábase en estado de embriaguez manifesta cando, hai dous anos, morreu a causa dunha puñalada que lle propinou Antonio Pouso. Os peritos indicaron que a proba de alcoholemia que se practicou ó cadáver deu un resultado de 1,91 miligramos de alcohol por litro de sangue. Os médicos puntualizaron que o alcohol non ten os mesmos efectos en tódalas persoas, pero dixeron que cunha alcoholemia de 1,75, un 75 por cento da poboación xa presenta síntomas e signos clínicos de embriaguez.

    Na súa opinión ese estado de embriaguez da vítima puido ralentizar os seus reflexos e por iso non se defendeu da agresión, aínda que precisaron que tamén puido ser porque Cristian non tivo tempo ou oportunidade de evitar ol golpe que, segundo aseguraron, foi preciso e con moita forza. Din isto porque a puñalada afectou á estrutura ósea e , polo tanto, precisa dunha forza importante para serrar con tanta enerxía unha costela. Polo que os expertos descartaron que a puñalada fora accidental, como indicou o autor confeso.

    Respecto a Antonio Pouso, os médicos non puideron corroborar se estaba borracho como case tódolos fins de semana, como declarou neste xuízo. Logo de apuñalar a Cristian Pouso fuxiu e cando se entregou ó día seguinte non presentaba ningún síntoma. De todos xeitos, a preguntas do fiscal, os peritos forenses manifestaron que hai persoas que con elevados niveis de alcohol poden realizar actos complexos, como propinar unha puñalada certeira.

    Redacción Salnés