División de opinións entre a cidadanía do Son ante o futuro cambio de goberno

enquisasportodoson_100_121109.jpgPORTO DO SON> O próximo mércores debaterase a moción de censura presentada polo PSOE e o BNG contra o goberno do popular Manuel Tomé.

{flowplayer}barbanza/enquisasportodoson.flv{/flowplayer}

A menos dunha semana de que se vote en Porto do Son a moción de censura promovida por BNG e o PSOE que previsiblemente desbancará do poder ao goberno en minoria presidido polo popular Manuel Tomé, a opinión entre a cidadanía deste municipio esta dividida entre os que consideran que o cambio é necesario malia que xa teña transcurrido máis da metade da lexislatura e os que creen que se debería ter esperado as próximos comicios municipais para deixar que fose o electorado o que valorasen a xestión dos gobernantes.

Pouco tempo

Os veciños coidan que o ano e medio que resta de lexistura non é suficiente tempo para que se asente o pacto entre os nacionalistas e socialistas. Non obstante, teñen a confianza de que, se ambas formacións poñen empeño mesmo podería funcionar o goberno bipartito.

Con todo, os veciños denuncian o que consideran é unha evidente parálise municipal, independentemente de quen teña as rendas do goberno local, que se reflicte na notable falta de investimentos e iniciativas que permitan reactivar a economía no concello.

Redacción Barbanza