A Pobra recupera o tradicional ‘pasabares’ do Carme do Castelo

A POBRA> A Pobra retomará este ano o tradicional pasabares do Carme do Castelo despois de tres anos sen celebrarse. Será o sábado 18 de marzo e contará cun máis de 20 grupos d emúisca tradicional galega.

23 grupos e 32 establecementos hostaleiros tomarán parte na quinta edición do Pasabares do Carme do Castelo que se celebrará na Pobra o sábado 18. A comisión de festas, en colaboración co concello, recupera así esta cita que levaba tres anos sen celebrarse por mor da pandemia.

Tódolos grupos sairán ás oito da tarde da carpa do Castelo e distribuíranse polos distintos locais hostaleiros que animarán coa súa música. Tanto as agrupacións como os bares participan na iniciativa de xeito desinteresado. A xornada rematará cunha foliada libre para aqueles que queiran continuar a festa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí