Sanidade aposta pola tecnoloxía diagnóstica e terapéutica en Pontevedra

    pilar_farjas_100.jpgPONTEVEDRA> A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, presentou hoxe o plan funcional do novo hospital único de Pontevedra, aprobado esta mañá…

    {flowplayer}images/salnes/hospital_pontevedra.flv{/flowplayer}

    … no Consello da Xunta. Farjas aproveitou unha visita ó centro de saúde da Parda, en Pontevedra, para explicar que o novo hospital será unha clara aposta pola tecnoloxía diagnóstica e terapéutica. O novo centro contará con 723 camas e vinte quirófanos. Segundo Farjas, supoñen un notable incremento con respecto ó proxecto deseñado pola anterior Xunta, que prevía a ampliación do Hospital Montecelo.

    Tamén aumentan respecto a este as consultas externas e os gabinetes de exploración -en trece unidades, en total-, os quirófanos e as salas de obstetricia. A conselleira indicou o anteproxecto de orzamentos da Xunta reserva un millón de euros para continuar avanzando no proxecto.

    Dixo tamén que nas vindeiras semanas o Consello da Xunta aprobará o inicio da declaración do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. A idea é poder adxudicar as obras a finais de 2010 e mantén o prazo de execución inferior a 66 meses. A Consellería mantén a ubicación do novo hospital en Monte Carrasco, na parroquia pontevedresa de Marcón.

    Redacción Salnés