Unha moción sobre Sanidade Pública será levada ós plenos do Salnés

    victoria_100.jpgVILAGARCIA> A plataforma en defensa da Sanidade Pública do Salnés ven de presentar unha moción para que sexa aprobada en tódolos plenos…

    {flowplayer}images/salnes/131109_mocion_sanidade.flv{/flowplayer}

    … dos Concellos desta área sanitaria. Nesta moción instase á Xunta de Galicia a que se cumpra cos acordos e compromisos no que atinxe á ampliación das instalacións, que se demande á Consellería de Sanidade que se elabore un plano de actuacións en Atención Primaria que fixe a construcción dos Centros de Saúde comprometidos e a mellora dos xa existentes e que todas estas actuacións sexan tidas en conta e se reflictan nos orzamentos do ano que ven.

    Desde as organizacións políticas e sindicais faise un chamamento a prol do apoio a esta moción e tamén dun respaldo maioritario a concentración convocada para o vindeiro 11 de decembro. Esta reivindicación non é nova, desde esta plataforma recordan que foi a mobilización social a que conseguiu crear o Hospital do Salnés para dar servicio a máis de 75.000 persoas. Con esta medida, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Salnés pretende loitar ca presión popular contra un movemento de privatización da asistencia sanitaria.

    Estes políticos e sindicalistas denuncian tamén os últimos movementos que pretenden aproveitar o tránsito que xera o propio Hospital do Salnés para crear un aparcadoiro privado, no canto de procurar outra solución ós problemas de estacionamento de xeito público e gratuíto para os usuarios.

    Redacción Salnés