Ravella plantea amortizar débeda con remanente procedente de persoal

    pleno_Vilagarcia_novembrocopy.jpgVILAGARCÍA> Esta medida foi debatida esta tarde no pleno da corporación. Ademais, isto permitiría aforrar 59.000 euros en intereses.

    {flowplayer}images/salnes/RAVELLA_PLENO_NOVIEMBRE_2011.flv{/flowplayer}

    O concello de Vilagarcía aforrará ó redor de cincuenta e nove mil euros en intereses ó amortizar dous préstamos que teñen pendentes de pago. Cando menos esta é á intención do goberno local e que se debateu esta tarde no pleno da corporación, tal e coma nos adiantou esta mañá o alcalde, Tomás Fole.

    Segundo Fole, con esta actuación pretenden anticipar o pago de dous préstamos pendentes por valor de cincocentos sesenta mil euros. E o fan agora, dixo, por dúas razóns: para aforrar ó redor de cincuenta mil euros en intereses e evitar incluír eses gastos nos orzamentos do 2012.

    O alcalde falou tamén da procedencia deses cartos. Explicou que segundo o real decreto lei 8/2010 especifícase que se quedan partidas pendentes de executar se aproveiten para reducilo déficit público. E isto é o que pretenden desde o goberno, nesta caso sobrantes do capítulo de persoal destinalos a reducilo endebedamento a longo prazo.

    Deste xeito, dan resposta ás críticas vertidas polos socialistas nas que non entendían esta medida despois de que Fole dixera que había un buraco financeiro nas contas do concello.

    Entre outras cuestións, no pleno desta tarde tamén de debateron varias mocións presentadas pola oposición; a maioría delas relacionadas co financiamento dos servizos sociais.

    Redacción Salnés