O Vilalonga supera ó Somozas e prosigue coa escalada

futbol250_161109.jpgSALNÉS> Caeu o Céltiga na casa ante o Cultural Areas nun dos peores encontros da temporada dos de Pablo Vázquez. Sí que gañou o Vilalonga en San Pedro, onde o gran protagonista foi o extremo Melchor, que asinou dous tantos e fabricou o outro. Importante victoria do Portonovo na Prefente Sur.

O Vilalonga continúa en estado de gracia e volveu a sumar unha victoria desta volta ante o Somozas por un claro 3-1. Demostraron que o picazo en Coruxo simplemente foi iso, e que este equipo está na boa liña para non pasar apuros este ano. Polo momento son xa o mellor equipo do Salnés, tras pasar na xeral ó Céltiga; son novenos con 17 puntos.

Onte foron mellores. Saíron e dominaron dende o inicio e xa pronto se puxeron en vantaxe grazas a un tanto de Melchor, o gran protagonista da tarde. Puideron chegar máis tantos pero nun despite defensivo o Somozas igualou antes do descanso, resultado que non reflectía o visto sobre o céspede de San Pedro.

Pero a segunda metade foi toda celeste. Conitnuaron a mover o balón con tranquilidade, buscando as chegadas dende as bandas e dende ahí naceu o segundo. Centro de Melchor que desvía David á súa propia portería. Este gol decantou definitivamente o partido do lado dos locais. Ademais o Somozas quedaríase minutos máis tarde con dez pola expulsión por vermello directo de Manel. Melchor redondearía a súa gran tarde a nove para o remate con outro gol que sentenciou o partido.

Cos mesmos puntos pero menos contentos deben andar hoxe os afeccionados dun Céltiga que caeu co Cultural Areas por 0-1 realizando un dos seus peores partidos da temporada. O gran equipo que pasou por Abegondo a semana pasada e meteu en apuros o líder, desapareceu e non se citou onte no Salvador Otero.

Apenas un par de ocasións na primeira metade e ningunha na segunda, un pobre balance para tentar sumar algo positivo. O Cultural Areas foi de menos a máis e certificou a súa victoria mediado o segundo tempo cun gol de Nandi, aínda que puideron ser máis. Un toque de atención para un Céltiga que se quere gañar máis partido non pode depender tanto da calidade individual dos seus homes.

O PORTONOVO XA É QUINTO NA XERAL

Na Preferente Sur o gran beneficiado da xornada foi sen dúbida o Portonovo. Picaron todos os equipos que levaba por diante na xeral e ten xa a cinco puntos ó segundo posto tras gañar 2-3 no campo do Tomiño. Foron superiores e dominiraron pese ó pésimo estado do céspede. Decidiron dous tantos de Guimeráns e outro de Pablo pese a que nos últimos minutos tocoulles sufrir polo empuxe dos locais.

O que se descolga da parte alta é o Arousa que cae ó decimo posto tras empatar na Lomba co Cruceiro, 1-1, noutro mal partido dos de Ricardo. O gol foi obra de Adrián Camiño.

Detrás deles viaxa un Sanxenxo que caeu por 2-1 no campo do Rápido Bahía e cortan así unha xeira de seis partidos sen perder. Os de Calucho non estiveron ó nivel dos últimos encontros.

A xornada completouse con dous empates a dous goles. O Cambados arrancou un punto da súa visita ó Pontellas, aínda que tiveron a victoria no peto. Gañaban 1-2 a tres para o remate con tantos de Álex Cubas e Pénjamo pero Ferreiro igualou para os locais.

Mentres na Senra Julio salvou un punto para os seus no 90′ no empate do Ribadumia ante o líder Porriño, nun partido marcado polas catro expulsións que houbo, dous para cada bando.

Redacción Salnés