“Violencia Zero” chega ata o campamento de A Lanzada

O GROVE> Os máis de 200 cativos do programa “Depo Aventura A Lanzada” tiveron hoxe unha xornada especial. Asistiron a nova acción de “Violencia Zero”, que está baseada na creación do graffiti, “Indiferenza”, da artista manchega Paula Fraile, nas propias instalacións deportivas do campamento. A loita polos dereitos das mulleres, non só as implica a elas, senón que implica a toda a sociedade. Conscientes de esta situación dende a Deputación de Pontevedra traballase para conseguir que os máis novos se comprometan coa causa e conseguir eliminar tanto as desigualdades entre homes e mulleres como eliminar a violencia machista. Na actividade estiveron presentes 200 nenos e nenas que participan na cuarta quenda dos campamentos de verán “Depo Aventura A Lanzada”. Os cativos e cativas puideron facer as súas preguntas coa artista e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
Este colorido mural é obra da artista manchega, Paula Fraile e titúlase “Indiferenza” e que está previsto que remate entre hoxe e mañá. Estivemos tamén con ela, e isto foi o que nos contou da súa obra nestas instalacións de A Lanzada.
“Mulleres en Acción. Violencia Zero” reúne o traballo de 25 artistas especializadas en ámbitos como a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía ou o graffiti, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero.