Hoxe mércores retransmitiremos o acto de entrega das Medallas Castelao 2023
O acto institucional comezará ás 13.00 h e será comentado polo xornalista Jesús Fontenla dende a igrexa de San Domingos de Bonaval.
Os condecorados neste 2023 son a escritora Ledicia Costas, os músicos de Siniestro Total, a deportista Susana Rodríguez Gacio, o empresario Lino de Prado e o oncólogo Rafael López. Con este galardón recoñécese a traxectoria profesional e persoal dos galardoados, o seu traballo e os seus logros en beneficio do nome de Galicia dentro e fóra da comunidade.