Un Festival de Música para loitar contra a violencia de xénero

    festival_copia100.jpgPOIO> Á actuación asistirán máis de 15 artistas. Con esta iniciativa preténdese concienciar á poboación dunha lacra social que, cada día, deixa máis vítimas.

     {flowplayer}images/salnes/FESTIVAL_POIO.flv{/flowplayer}

    O acto está organizado pola consellería de Igualdade e a Asociación Cultural Virxe da Renda. Baixo o lema “Implícate”, co concerto quere concienciar ós veciños tanto de Poio como dos arredores da importancia de loitar contra a violencia de xénero.

    Dende o concello de Poio estanse a poñer tódolos esforzos necesarios para acabar con esta lacra social. Así, puxeron en marcha un protocolo de actuación e conexión entre os centros médicos, a policía e os xulgados. Ademais, levaranse a cabo charlas informativas nos institutos.

    O alcalde, Luciano Sobral, manifestou a súa indignación pola existencia deste tipo de violencia no século XXI.

    Os datos falan de que aumentaron o número de mulleres que piden consello no ámbito penal para acabar co maltrato ou para divorciarse.

    Para axudar a estas mulleres, acudan o próximo día 22 as 5 da tarde á casa rosada de Poio a entrada é de balde.

    Redacción Salnés