Educación apoia a importancia do Edificio das Artes

    alcalde_y_conselleiro_copia100.jpgPONTEVEDRA> O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, reuniuse co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, e os voceiros dos grupos municipais.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRO_EDUCACION.flv{/flowplayer} 

    Nun encontro moi cordial e con propostas compartidas, o alcalde pontevedrés explicou ó conselleiro as necesidades educativas do concello, derivadas dos comedores escolares, transportes e profesorado. Así mesmo, recalcou a intención de mellorala situación educativa tanto universitaria como non universitaria.

     Miguel Anxo Fernández sentenciou que é necesario un convenio entre a Xunta e o Concello para melloralo ensino.

    Así, o alcalde afirmou que o proxecto educativo do edificio Carlos Oroza está pendente de aprobación tras un erro na contabilidade das hectáreas dispoñibles. Da mesma forma, a necesidade da construción do edificio das Artes, tanto para as titulacións de Pontevedra como as de Vigo.

     Pola súa parte Xesús Vázquez, afirmou que dende a Xunta poranse tódolos esforzos posibles para mellorar o sistema educativo.

    O conselleiro declarou que estase a por en marcha a convocatoria do Campus Excelencia 1 que destina más de 6 millóns de euros para los campus periféricos das tres universidades galegas.

    Redacción Salnés