BOIRO > Carmelo Vidal non tardou en respostar ás acusacións realizadas por Salvador Ribadomar sinalando que os expedientes abertos a algúns mariscadores do sector de a flote foron totalmente legais ó seren sorprendidos traballando en zonas pertencentes ó colectivo de mariscadores a pé. Ademais negou que presione ós vixilantes para sancionar a algúns socios que non son afíns á súa xestión á fronte do pósito.
O patrón maior boirés foi máis alá e sinalou que vai estudar posibles accións legais contra o responsable da CIG por saír con graves acusacións contra el.
Carmelo Vidal tamén contestou a Salvador Ribadomar polas afirmacións referidas a que a confraría lle pagara o arranxo do seu coche valorado en máis dun millón de pesetas.
Carmelo Vidal tamén negou o mal funcionamento da lonxa e que os mariscadores teñan que agardar varias horas para pesa-lo marisco, pois segundo el hai unha traballadora do pósito que está dende as oito da mañá ata as dúas da tarde, para realizar esta función.
Redacción Barbanza