Feijoo pon a Ribeira como exemplo de iniciativa e compromiso

    visitafeijooribeira.jpgRIBEIRA> O presidente da Xunta facía estas declaracións na visita institucional ó concello onde mantivo un encontro co alcalde e os voceiros dos distintos grupos políticos con representación municipal.

    {flowplayer}barbanza/visitafeijooribeira.flv{/flowplayer}

    A chegada do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a Ribeira producíase ó redor das once da mañá. Ás portas da casa consistoral agardábano as autoridades locais, co seu alcalde á cabeza, Manuel Ruíz. Despois dos correspondentes saúdos e xa no despacho do rexedor, o titular autonómico,  tivo tempo de asinar no Libro de Ouro do concello, antes de manter un encontro cos portavoces de tódolos grupos políticos con representación municipal, no que tomaron parte tamén anteriores alcaldes do municipio: José Luis Torres Colomer, Ricardo Pérez Queiruga e Xosé Antonio Ventoso Mariño; os fillos adoptivos, Ramiro Carregal e Magdalena Bringas e a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo. A continuación no salón de plenos, Alberto Núñez Feijóo, cualificou a Ribeira como un dos núcleos máis importantes de actividade económica dende o punto de vista da pesca, da industria e transformación do mar e do turismo.

    Compromiso

    Para acabar reafirmando tódolos proxectos comprometidos polo Goberno Galego neste concello, como é o caso da lonxa, a nova gardería municipal ou diversas infraestruturas viarias e medioambientais.

    Ribeira coma referente

    Pola súa banda o alcalde ribeirense, Manuel Ruíz, despois de agradecer a visita do titular da Xunta e a lealdade institucional demostrada polos distintos grupos políticos da corporación que participaron no acto, destacou o feito de que Ribeira queira ser non só referente na comarca do Barbanza senón en toda Galicia.

    Entrega agasallo

    O acto rematou coa entrega por parte do alcalde ó presidente da Xunta dunha figura de Sargadelos réplica do faro de Corrubedo.

    Redacción Barbanza