As pelexas volven ser as protagonistas da movida boirense cun balance de tres feridos

    altercadosmovidaboiro_100_241109.jpgBOIRO> Esta fin de semana saldouse cun dos máis negativos balances dos últimos meses na movida nocturna de Boiro. Tres persoas feridas son o resultado de dúas pelexas acontecidas na noite do sábado. Ante o incremento deste tipo de incidentes o concello xa está a tomar cartas no asunto.

    {flowplayer}barbanza/altercadosmovidaboiro.flv{/flowplayer}

    Xa hai meses que dende o concello de Boiro traballan para acabar coa violencia que se rexistra durante a movida nocturna. De feito, xa se tiñan identificados varios grupos de persoas que habitualmente protagonizaban os enfrontamentos e incrementouse o control policial para evitar que se repetisen os actos violentos. Sen embargo, este sábado producíronse novos enfrontamentos entre outras pandillas que se saldaron con tres persoas feridas.

    Dende o concello lamentan as malas intencións daquelas persoas que se achegan ata Boiro con obxectivos ben distintos ós de pasar unha noite agradable.

    Medidas

    Ademais do incremento dos efectivos de seguridade, dende o concello están a tomar medidas para evitar que se repitan sucesos deste tipo. O próximo xoves manterán unha xuntanza cos propietarios dos locais hostaleiros para abordar a necesidade de reconducir certas conductas.

    Así mesmo, convocarán tamén unha nova reunión da xunta de seguridade local para a que aínda non existe data.

    Redacción Barbanza