POBRA> O executivo pobrense non desenvolverá un operativo ‘especial’ de seguridade durante as festas do Nazareno, que comezan esta vindeira fin de semana na localidade. Dende o Concello confirmaron que as labores de vixilancia serán as habituais para este tipo de festexos, negando maiores medidas de seguridade polo caso Diana Quer. O operativo de seguridade previsto para esta vindeira fin de semana co gallo da celebración das festas do Divino Nazareno non sufrirá variacións respecto a anos anteriores. O protocolo será o habitual, para este tipo de actos multitudinarios. Iso si, intensificarase o número de efectivos, tanto da Garda Civil como da Policía Local nas rúas, para garantir que todo transcorra con normalidade e sen incidentes. Esta vindeira fin de semana agárdase a chegada de numerosas persoas para participar nos festexos, especialmente na procesión das mortallas do domingo, pero non haberá un dispositivo especial ligado ó caso da desaparición de Diana Quer.Dende o Concello fan unha chamada á tranquilidade. O caso ‘Diana Quer’ foi algo puntual e non ten porque volver a repetirse.
Inicio Barbanza - Muros - Noia