“Soños alucinantes”, unha máxica proposta para a tarde do domingo

    pedro_volta_100_231109.jpgVILAGARCÍA> O prestidixitador Pedro Volta traerá esta fin de semana un espectáculo de ilusionismo para o público familiar.

    {flowplayer}images/salnes/231109_pedro_volta.flv{/flowplayer}

    Despois dos éxitos de público acadados esta fin de semana en Pontevedra e Cangas, o ilusionista Pedro Volta chega a Vilagarcía para pór en escena “Soños alucinantes”, un espectáculo de maxia dirixido ó público familiar. Nel da renda solta ás ilusións que nacían no seu maxín cando era cativo, e que agora ofrece ó mundo para marabillalos con trucos que semellan incribles.

    Será preto dunha hora e cuarto na que o ritmo do espectáculo non decae un intre. Á maxia súmase o humor, a música e sobre todo a plasticidade duns números que espertan a curiosidade do público non só polo segredo que encerran senón tamén polo atractivo visual. O espectáculo dará comezo o vindeiro domingo ás sete da tarde.

    As entradas para asistir xa se poden adquirir polas canles habituais: a páxina web de Caixanova, por teléfono ou ben o mesmo día da función, desde as cinco da tarde, na billeteira do Auditorio. O prezo, 5 euros para os adultos e tres no caso dos cativos.

    Redacción Salnés