Vilanova celebrou a súa primeira velada de boxeo

boxeo250_241109.jpgVILANOVA> O pavillón municipal de Vilalnova de Arousa acolleu esta pasada fin de semana unha velada de boxeo. Unhas 300 persoas acudiron á cita na que se disputaron varios combates en diferentes disciplinas e se realizaron disitintas exhibicións.

{flowplayer}images/salnes/boxeo_241109.flv{/flowplayer} 

Por primeira vez Vilanova foi escenario dunha velada de boxeo e kick boxing. Non faltou de nada neste espectáculo que  que deu comezo ás oito do serán e se prolongou ata case medianoite no pavillón municipal.

A noite principiou con varias exhibicións a cargo de diferentes clubs de toda Galicia na que interviron os máis xóvenes. Dende full contact a kick boxing pasando pola capoeira, levada a cabo por un grupo brasileiro que fixo as delicias do público asistente, unhas 300 persoas.

Despois das exhibicións, os combates, un total de sete, primeiro de kick boxing e logo de boxeo. A condición de amateurs dos púxiles non lle quitou brillantez á velada.

O prato forte deixouse para o final cando saltaron ó ring Eloy Iglesias, subcampión de España, e Paulo Iraquinte, combate este sí, entre profesionais de peso lixeiro.

Foi Iglesias o que tomou a iniciativa dende o primeiro momento, conectando bos golpes e esquivando os do seu advesario. Tras catro asaltos os xuíces outorgáronlle a él a victoria por puntos.

A organización deste evento correu a cargo do Club Boxeo Arousa, presidido por Johnny Hermida. Pese ó esforzo que supuxo crear da nada este torneo, pretenden que estas veladas poidan repetirse en vindeiros anos. Algúns táchano de deporte violento pero o sábado deixouse constancia de que nel tamén reina a deportividade.

Redacción Salnés