Artemar potenciará a súa vertente gastronómica

    RIBEIRA> A feira artesanal e mariñeira acollerá unha importante novidade, a primeira edición de Gustando do Mar.

    Ribeira acollerá, do 21 ó 24 de agosto, a terceira edición da feira artesanal e mariñeira Artemar. Preséntanse catro xornadas repletas de actividades e un programa extenso que ten como obxectivo exaltar a tradición marítima deste municipio do Barbanza. Este ano, ademais da propia feira, creouse unha nova sección chamada Gustando do Mar. Artemar estará situada ó longo da avenida Malecón e polas principais rúas peonís, por outro lado Gustando do Mar concentrarase na praza de España. Todos aqueles que se acheguen a Ribeira poderán ver como a veciñanza se involucra nesta iniciativa. Hai seis asociacións participantes, así como hostaleiros e comerciantes. Haberá concurso de escaparatismo, onde se premiará o mellor ambientado na temática mariñeira, outro de decoración hostaleira e ruta das tapas. Artemar creouse buscando a diferenciación co resto de feiras da comarca e elixiuse a temática do mar polo que este supón para Ribeira. Desde o concello mostráronse satisfeitos coa evolución que está ter a feira, tanto en acollida de público como en cantidade e calidade das actividades que ofrece. Agardan que esta nova edición consiga reunir máis veciños e visitantes que nos pasados anos. O vindeiro xoves, o artista local Manuel Ayaso inaugurará a feira tras a lectura do pregón.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/18/presentacionartemar1808141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/18/presentacionartemar180814.mp4{/flowplayer}