Concellos e centros educativos implícanse na loita contra a violencia de xénero

    actosviolenciaxenero_251109.jpgBARBANZA> Tamén no Barbanza foron numerosos os actos co gallo da celebración deste Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

    Dende os concellos e centros de ensino de toda a comarca organizaron actividades co fin de promover a implicación activa de todos e todas perante a violencia contra as mulleres.

    A comunidade educativa do IES nº 1 de Ribeira entregouse de cheo nesta semana na preparación de numerosas actividades culturais e reinvidicativas contra a violencia de xénero.

    {flowplayer}barbanza/actosviolenciaxenero.flv{/flowplayer}

    O acto central celebrouse no ximnasio e nel tomaron parte todo o alumnado deste centro de ensino. Os estudantes de Bacherelato escenificaron varias pezas teatrais no que deron a coñecer o drama do maltrato familiar que padecen moitas mulleres. Ademáis, como peche do acto, tres alumnos deron lectura a un manifesto e puxeron nome e apelidos as máis de medio cento de mulleres mortas por violencia de xénero no que vai de ano.

    Tolerancia cero

    No concello de A Pobra, ao mediodía o alcalde acompañado da concelleira de asuntos sociais e integrantes da corporación local, colocaron unha pancarta no balcón da casa consistirial para posteriomente dar lectura a un manifesto no que esixiron á sociedade tolerancia cero cos maltratadores.

    No concello de Noia, os actos centralizáronse na praza do Tapal. A concellería de Igualdade e Benestar, a través do Centro de Información a Muller, organizou un acto de condena baixo o lema ‘Todos e todas contamos’. A continuación os asistentes tomaron parte nunha festa de sensibilización, cun magosto e a participación en xogos populares.

    Cine e teatro

    En Outes, houbo unha proxección de curtas na casa da Cultura da localidade. En Lousame, ao mediodía a corporación local manifestou o seu rexeitamento a violencia gandando un minuto de silencio.

    En Boiro conmemoraron este día cunha proxección de imaxes na planta baixa da casa do concello sobre o papel da muller na sociedade e a necesidade de educar en valores de igualdade. Por último en Ribeira o auditorio municipal acolleu a representación da obra ¿Bótoche unha man?, un espectáculo de danza contemporánea, da compañía As Driadas.

    Redacción Barbanza