![]()
RIBADUMIA> Proxectarase o venres 27 de decembro ás 19.45 no Auditorio Municipal. Ó remate os espectadores poderán charlar co director e a protagonista.
{flowplayer}images/salnes/251109_pelicula_relatos.flv{/flowplayer}
Despois de pasar polo Festival de Cine de San Sebastián e a sección oficial do certame internacional de filmes de Tokyo, ‘Relatos’ chega este venres ó Auditorio Municipal de Ribadumia. Trátase dunha longametraxe dirixida polo pontevedrés Mario Iglesias. A película reflicte a historia dunha ama de casa cunha vida monótona e poucas expectativas de cambio, que ve na súa paixón pola escritura un novo aliciente de vida.
A proxección deste filme encádrase nos actos conmemorativos que o concello programou con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Poderá verse este venres a partir das oito menos cuarto da tarde no Auditorio Santa Baia. Ó remate, terá lugar un coloquio no que os espectadores poderán comentar as súas impresións co director e a protagonista da cinta, Concepción González.
Esta actividade vén a sumarse á exposición ‘Elas sempre están’, inaugurada onte no Auditorio, e que se poderá visitar durante un mes; ademais do reparto de axendas co lema ‘Non é non’ entre as mulleres que se achegaron ás oficinas municipais.
Redacción Salnés






