PONTEVEDRA> O proxecto foi presentado pola directora xeral de Comercio, Nava Castro, e o presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Ricardo Mirón.
{flowplayer}images/salnes/MISION_COMERCIAL_A_RIO.flv{/flowplayer}
Os empresarios que partirán para Río de Xaneiro na primeira semana de decembro, teñen como misión fomentar as relacións comerciais entre Galicia e unha economía emerxente, como é a brasileira.
Neste país suramericano, celebraranse nos próximos nos acontecementos tan importantes como os Xogos Olímpicos, o Mundial de fútbol 2014. Ademais, posee unha das maiores reservas de petróleo. Motivos de investimento para lograr datos positivos na balanza comercial galega.
A directora xeral de comercio, que tamén acudirá a Brasil, lembrou que o executivo galego ten feito un grande esforzo orzamentario para impulsar todas as iniciativas orientadas á recuperación da economía galega. Así, os recursos adicados a apoiar a internacionalización das empresas galegas, incrementáronse nun 56,52% nas contas públicas de 2010. Con este aumento, tamén se pretende suplir o ddescenso do 18% das inversións do Goberno Central neste eido.
O Plan de Fomento das Exportacións Galegas tamén prevé misións comerciais en países como, Portugal, Estados Unidos, China, Rusia, Australia e Polonia entre outros.
Redacción Salnés