Unhas 300 persoas protestan polo peche do laboratorio da Casa do Mar

    casa_mar100.jpgVILAGARCÍA> A protesta polo peche do servizo de analíticas da Casa do Mar xuntou onte á noite a unhas 300 persoas.

    {flowplayer}images/salnes/concentracion_casa_do_mar.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A protesta polo desmantelamento do servizo de analíticas da Casa do Mar de Vilagarcía xuntou onte á noite a unhas trescentas persoas.

    A concentración foi convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés. Trala pancarta que reivindicaba ‘Non ao peche do laboratorio de análises clínicos’ situáronse figuras destacadas da política local e de distintas asociacións vilagarciás, que amosaron así a súa repulsa polo traslado do departamento de extracción ó ambulatorio de San Roque.

    Os manifestantes reclamáronlle á Consellería de Sanidade máis diálogo nun tema que afecta a todos. A plataforma critica que inda non se saiba cando se fará afectivo o peche do servizo na Casa do Mar e por iso reclama á conselleira Pilar Farjas que fale cos cidadáns. Pídenlle ademais que abra un proceso de negociación coa Comisión de Participación Cidadá para falar da área sanitaria do Salnés, da ampliación do hospital comarcal, dos análises clínicos e do futuro da atención sanitaria nesta comarca.

    A plataforma lamenta a ‘política de feitos consumados’ que está a levar a cabo o PP e pide que se retome o proceso de negociación coa cidadanía que acordaran co goberno bipartito da Xunta.

    Redacción Salnés