Nove expositores achegan as últimas novidades literarias a Ribeira na III Feira do Libro

    RIBEIRA> Inaugurada oficialmente a Feira do Libro de Ribeira. Nesta terceira edición conta con nove expositores que permanecerán na praza do concello ata o domingo. Tódolos libreiros ofrecerán un descontó do dez por cento nas compras e haberá actividades de animación. O artista Serafín Marcos foi o encargado de dar o pistoletazo á feira do libro de Ribeira coa lectura dun orixinal pregón. Dende este mediodía e ata o domingo, os ribeirenses e os visitantes poderán achegarse ata as casetas instaladas no concello onde, ademáis de mercar libros cun dez por cento de desconto, poderán achegarse á literatura a través de múltiples actividades. Contacontos, presentación de libros, teatro ou recitáis poéticos integran o programa complementario desta terceira feira. Feira que abría as súas portas coa presenza de numerosas autoridades que promoven a súa celebración. A intención do concello é dar continuidade a esta iniciativa que supón un respiro para o colectivo de libreiros, en plena crise.A feira permanecerá aberta durante toda a fin de semana en horario de doce a dúas e media e de seis e media a dez e media.