A UAD de Ribeira fíxolle entrega dunha caseta de madeira ao colexio O Grupo

RIBEIRA> A estrutura, realizada polos alumnos do modulo de carpintería, responde a unha vella demanda do centro educativo coa finalidade de poder desenvolver un dos seus proxectos sobre espazos inclusivos.

Persoal do Servizo de Drogodependencias de Ribeira procederon esta mañá á entrega dunha caseta elaborada polos alumnos do módulo de carpintería ó colexio O Grupo.

Dende a dirección do colexio agradeceron ó Concello a rápida resposta a súa solicitude que contribuirá a poder desenvolver un dos actuais proxectos do centro baseado en espazos inclusivos.

E visto o visto, vendo as caras de felicidade dos nenos, o resultado non puido ser máis positivo…

Comments are closed.