RIBEIRA> A proba, cun percorrido dunhas dezasete millas, partirá ás dúas da tarde dende o porto deportivo.
O sábado ás dúas da tarde partirá do Náutico de Ribeira a novena edición regata Volta a Sálvora-Regata Congalsa. As embarcacións participantes poderán competir en tres clases: regata, crucero e crucero regata. Haberá trofeos para cada unha das categorías en competición, prevéndose unha participación duns vinte barcos.
Dende o Club Náutico de Ribeira agradeceron tamén o patrocinio que a empresa Congalsa fai da vela lixeira.
O director xeral de Congalsa, Luís Miguel Simarro, incidiu en que o patrocinio desta proba coa que levan colaborando dende hai nove anos, enmárcase na súa política social corporativa.