Ribadumia xa dispón dos terreos para a pousada de turismo rural

    pousada_ribadumia_100_251109.jpgRIBADUMIA> O arcebispado de Santiago de Compostela cedeu á Deputación a parcela, situada na urbanización de Santa Eulalia.

    {flowplayer}images/salnes/251109_firma_ribadumia_arcebispo.flv{/flowplayer}

    Ribadumia forma xa parte da rede de Pousadas Xardín do Salnés, un proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra para fomentar o turismo rural na comarca. O arcebispado de Santiago de Compostela accedeu a ceder ó ente provincial unha parcela situada na zona de Santa Eulalia. Alí, a principios do ano que vén comezará a levantarse este edificio, que contará con modernas instalacións, todas adaptadas ás necesidades de persoas con escasa mobilidade.

    A cesión destes terreos á Deputación permitirá tamén impulsar a urbanización deste entorno, co acondicionamento de rúas e a extensión dos servizos de saneamento, abastecemento de auga ou rede de telefonía.

    Coa firma deste convenio, o arcebispado dá un paso máis na liña de colaboración que vén mantendo con estas administracións, e que previsiblemente se verá reforzada en breve coa entrega da parcela na que se levantará o futuro tanatorio municipal.

    Ademais das catro Pousadas Xardín, a Deputación ten previsto impulsar na comarca outra iniciativa turística: recuperar varias rutas de sendeirismo para poñer en valor os espazos naturais do Salnés.

    Redacción Salnés