Os veciños de Vilariño, indignados co afundimento do camiño por culpa das obras

CAMBADOS> As obras da rede de sanemanto traen de cabeza aos veciños de Cobas de Lobos, no concello de Cambados. A consecuencia deses traballos, o camiño está afundindo, o que implica un problema para a seguridade viaria. De feito, xa se rexistrou un accidente cun coche e tamén un susto co camión do lixo. Ademais, critican o retraso que acumula o proxecto.

As obras do saneamento desta zona de Cobas de Lobos, na parroquia cambadesa de Vilariño, están a indignar ós veciños. Ademais de estar molestos polo retraso que acumulan, din que os traballos non se está facendo ben e que a franxa que abriron no camiño está afundindo

Nalgúns puntos xa houbo que parchea-lo camiño. Botaron remendos para salva-los desniveis.

Pero estes afundimentos están a xerar un problema de seguridade para os que transitan por aquí. O camión do lixo xa tivo un susto. Outro veciño tamén tivo un percance co coche.

Ante esta situación, os veciños pídenlle ó Concello que supervise os traballos da empresa que acomete as obras. Unha petición que apoia Cambados Pode. A formación di que non é excusa que a obra estea sen recepcionar para non supervisala.

Nesa mesma moción, Cambados Pode pedirá a ampliación da rede de sanemanto a varias vivendas da zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí